Hemeroteca celtismo

Ante o Real Madrid, bufandeo e himno ‘a cappella’ en Balaídos

RC Celta

bufandeo.jpg

O speaker tamén pedirá a colaboración da afección de Balaídos para dar o once titular celeste

 

Co obxectivo de crear un ambiente especial e único, o club fai un chamamento aos afeccionados que acudan ao partido de Copa ante o Real Madrid en Balaídos (mañá, 22.00 horas) para sumarse ás iniciativas postas en marcha esta tempada. Coa saída dos xogadores ao terreo de xogo, os videomarcadores emitirán un vídeo coa letra do himno céltico. O obxectivo: cantar o himno ‘a cappella’, soando soamente as voces dos celtistas presentes en Balaídos. Ademais, leste será o momento de alzar as bufandas do club para tinguir as bancadas de cor celeste.

 

Antes do comezo do partido, o speaker do estadio tamén pedirá a colaboración dos seguidores para anunciar entre todos o once inicial do Real Club Celta. ‘A voz de Balaídos’ dará o nome do xogador e, seguidamente, os afeccionados terán que corear o apelido do futbolista. O coliseo vigués vivirá un espectáculo único desde antes do comezo do partido, cun clima capaz de contaxiar de moral e motivación ao equipo. Por iso, a intención é que coa indispensable colaboración do celtismo estas iniciativas perduren partido tras partido até tornarse nunha nova tradición.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas