Antonio Mohamed preséntase este sábado en A Sede

Nova presentación confirmada tras a do xogador Néstor Araujo. O adestrador do RC Celta, Antonio Mohamed, será presentado oficialmente este sábado 7 de xullo ás 13:00 no ‘Salón Regio’ de A Sede, un acto de acceso exclusivo para medios de comunicación. A presentación poderá seguirse en directo con Celta Media en www.facebook.com/rccelta.

Coñece ao novo técnico celeste

O RC Celta pon en marcha unha iniciativa nos seus perfís de redes sociais que permitirá a vinte celtistas gozar dunha experiencia única: asistir á presentación de Antonio Mohamed, coñecelo en persoa e compartir con el un aperitivo este sábado na sede social do club.

Como participar?

  • Tes que ser abonado e ter tramitado o teu carné para a tempada 2018/19.
  • Publica un post en Twitter co hashtag #HaiMotivos respondendo á pregunta “Cal é o teu motivo para ser do Celta?”.
  • O club elixirá as vinte mensaxes máis orixinais publicadas antes das 12:00 do mediodía do venres 6 de xullo.