Ao Celta B se lle escapan os tres puntos no derbi vigués (2-2)

iglesias201215

 

O Celta B estivo moi preto de conseguir o tres puntos no derbi vigués ante o Coruxo FC tras un intenso e traballado partido. Os celestes adiantáronse no primeiro tempo cun temperán tanto de Julio Delgado no minuto 2 e cun gol de Guille Andrés á media hora de xogo.

 

Sen na primeira parte o filial foi moi superior ao conxunto visitante, tras a continuación foi o Coruxo o que dominou o partido. Os de Torres Gómez tentaron conter o empuxe do rival e conseguírono ata a recta final do choque, na que o Coruxo puxo as táboas no marcador. Primeiro Armental recortou distancias no minuto 71 e no 86 Comesaña anotou o definitvo 2-2.

 

FICHA TÉCNICA

Celta B: Néstor, Kevin, De Amo, Samu, Lucas, Peña, Julio Delgado (Brais Méndez, min.70), Luis Rioja, Guille Andrés (Martín, min.86), Rubén Ramiro, Borja Iglesias (Javi Que, min.80).

 

2-Coruxo FC: Pereiro, Mella, Cristóbal, Medina, Aco (Bastos, min.46), Comesaña, Pedro (Antunez, min.46), Cifuentes, Ortiz, Adrián, Salinas (Jorge, min.46).

 

Goles: Julio Delgado, 1-0, min.2; Guille Andrés, 2-0, min.33; Armental, 2-1, min.71.

 

Árbitro: Ramos Domínguez, expulsou con dobre amarela a Peña (min.86). Amonestou polo Celta a Kevin, Luis Rioja, Lucas, Brais Méndez e polo Coruxo a Aco, Jorge e Antunez.

 

Campo: Barreiro.

Leave a Reply

4 × five =