escudo-celta-comunicados.jpg
Celtismo

Aos vigueses non lles custará nin un euro a Cidade Deportiva do RC Celta en Mos

RC Celta

En declaracións públicas, o alcalde, por medio do seu equipo, volveu a mentir con respecto ao RC Celta.

O alcalde quere ocultar a súa incapacidade durante estes case 11 anos de mandato para desenvolver o Plan Xeral e ofrecer terreos en Vigo para a Cidade Deportiva do RC Celta.

Recorden: Valladares, ampliación da Madroa en Candeán, Bembrive 1, Fábrica de Álvarez, terreos un e dous, Bembrive 2, etc. O alcalde vetou repetidas veces a cidade deportiva en Vigo en terreos que serían adquiridos e pagados polo club. Non hai máis culpable que él.

Os servizos están perfectamente definidos no noso proxecto do área metropolitana en Mos e non necesitamos ao alcalde de Vigo para levalos adiante.

A confrontación permanente é o aceno de identidade de D. Abel. Recibimos o reto e loitaremos por un RC Celta grande, sen dependencias, tutelas nin paternalismos malévolos.

Non permitiremos que vostede, alcalde, queira poñer á cidade de Vigo contra o RC Celta cunha serie de mentiras sen base nin fundamento.

Como dixemos, “pese a quen lle pese, e a algún lle pesará moito, a Cidade Deportiva farase en Mos” e non lle custará nin un euro aos vigueses.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas