APERTURA OFICIAL DO CURSO ESCOLAR 2017-2018

O Colexio Los Sauces Pontevedra acolleu o pasado 21 de setembro o Acto de Apertura do Curso Académico 2017/2018. Un acto presidido polo subdirector xeral da Institución, José Antonio Rois, quen estivo acompañado polo director do Colexio, Manuel Casal. Nesta sesión acudiu como invitado Rafael Bisquerra Alzina, catedrático de Orientación Psicopedagógica e Director de Posgrao en Educación Emocional e Benestar na Universidade de Barcelona, que está considerado como un dos principais referentes desta corrente educativa en España e que falou sobre o “Universo de emocións”. O profesor Bisquerra dirixiu a implantación do programa de educación emocional nos Salgueiros, un programa co obxectivo de formar a profesores, alumnos e membros da comunidade educativa en xeral, en competencias socio-emocionais, tales como a autoestima, a automotivación, a responsabilidade, a resiliencia, o respecto polos demais, o espírito crítico, a asertividad, a toma de decisións e a actitude positiva, entre outras.

Leave a Reply

seven + nine =