Aprazadas a charla de Marcelino e o evento CeltaLab1923 na Sede

O RC Celta apraza a charla de Marcelino García, no marco do ciclo ‘Futbol de Salón’, prevista para este xoves en A Sede. Do mesmo xeito, o club pospón o evento de CeltaLab1923 que se ía a celebrar no Salón Rexio o vindeiro martes.