Aprazado o Celta B – RM Castilla deste sábado por mor da alerta meteorolóxica

A Federación Española de Fútbol acordou esta tarde aprazar o partido de Segunda División B previsto para este sábado ás 15.45 horas en Barreiro entre Celta B e Real Madrid Castilla dada a situación de alerta meteorolóxica que se está vivindo en Galicia.