Araujo disputa os 90 minutos nun novo triunfo de México na Copa Oro

O central Néstor Araujo disputou a pasada madrugada os 90 minutos do partido que a selección mexicana xogou ante Canadá na Copa Oro. O combinado azteca, que goleou na primeira xornada a Cuba, impúxose por tres goles a un ante o país norteamericano e encabeza o seu grupo con folgura. Araujo, pola súa banda, completou os dous partidos da súa selección.