Araujo inicia a súa andaina na Copa Ouro e Maxi Gómez na Copa América

O central mexicano Néstor Araujo foi titular no primeiro partido da Selección de México en Copa Ouro. O defensa céltico disputou os 90 minutos na goleada 7-0 ante Cuba.

Este fin de semana tamén arrincou a Copa América, na que o RC Celta conta cun representante: Maxi Gómez. O dianteiro uruguaio mantívose no banco durante o choque ante Ecuador, que finalizou con vitoria 4-0 a favor do cadro charrúa.

Este luns ás 21:00 será a quenda doutro internacional celeste, Mathias Jensen, que afronta con Dinamarca Sub-21 o primeiro partido da fase de grupos da Eurocopa ante Alemaña.