Araujo non participou no último amigable de México antes da Copa Ouro

A Selección de México venceu 3-2 a Ecuador sen a participación de Néstor Araujo. Ao central celeste tocoulle descansar neste choque, o último amigable antes de Copa Ouro, competición na que o conxunto mexicano medirase a Cuba, Canadá e Martinica na fase de grupos.

Outro internacional celeste, Iago Aspas, afronta este luns partido oficial coa Selección Española ante Suecia, un encontro clasificatorio para a Eurocopa de 2020 (20:45, La1).