As billeteiras pechan este xoves de 12:45 a 14:00

A oficina de abonados e despachos de billetes do RC Celta no estadio de Balaídos permanecerán pechadas este xoves entre as 12:45 e as 14:00 horas por labores de mantemento informático. O club descúlpase polas molestias que poida ocasionar esta circunstancia a abonados e afeccionados.

O horario habitual da oficina de abonados e os despachos de billetes é de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.