Hemeroteca celtismo

As condicións promocionais da Campaña Anual de Abonados chegan mañá ao seu fin

RC Celta

cola-anuales.jpg

Renovacións e altas realizadas ata o día 20 de decembro non pagarán suplemento nos Días do Club

 

A oficina de abonados rexistrou un bo ritmo de renovacións e altas no penúltimo día da Campaña Anual de Abonados con condicións promocionais. As operacións realizadas até dicha data non necesitarán suplemento os días do club e, ademais, as renovacións non terán subida algunha con respecto ao ano pasado, salvo a aplicación por imperativo legal do novo tipo impositivo de IVE, nuns carnés co prezo conxelado durante o cinco últimos anos. O custo da emisión do cartón é de 10 euros.

A partir do 20 de decembro, as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os días de club e os prezos que se aplicarán serán os propios da campaña 2013.

En canto ás altas, tamén teñen un prezo sen igual en Primeira División e as que se produzan antes do 20 de decembro tamén estarán exentas do suplemento nos días o club. A cota de alta será de 82 euros para a categoría adulto e de 42 euros para o resto.

Mantéñense as habituais facilidades de pago a través do cartón comercio e crediventa. Os que opten por fraccionar o seu abono poden facelo até seis meses sen intereses ou en nove e doce cun pequeno cargo.

A campaña inclúe os habituais descontos a accionistas e familias e mantense, só para renovacións, o carné especial para parados na Bancada de Marcador.

O horario das oficinas de abonados de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. O despacho de billetes online está operativa as 24 horas do día: www.celtavigo.org/abonosCelta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas