As Escolas da Fundación Celta regresan como un referente da formación deportiva

A Fundación Celta de Vigo, con preto de 20 anos de experiencia na formación de futbolistas, lanza un novo concepto de escola deportiva destinada a mellorar as capacidades técnicas e condicionais de mozas e mozas de entre 5 e 16 anos.

Este ambicioso proxecto pretende ser un referente na formación de futbolistas e foi deseñado para ofrecer un curso do máis alto nivel. impartido polos mellores preparadores da canteira do Real Club Celta de Vigo.

As Escolas de tecnificación da Fundación Celta de Vigo iniciarán a súa actividade o próximo mes de setembro (aínda que a matrícula estará aberta todo o ano) en horario de 17:45h a 18:45h nas instalacións da Madroa.