curso-metodologia-fundacion-celta-030119.jpg
Fundación

As escolas de asesoramento da Fundación Celta empápanse da metodoloxía celeste

RC Celta

Os adestradores das diferentes escolas de asesoramento do RC Celta coñeceron de primeira man o traballo de canteira e profesional que se realiza no club. Medio centenar de preparadores asistiron a unha serie de relatorios impartidos por profesionais do club. Os mesmos celebráronse en ABANCA Balaídos e A Madroa.

Os encargados de levar a cabo este ciclo de conferencias foron Rubén Albés, adestrador do RC Celta B, Joaquin Dosil, responsable do departamento de psicoloxía do RC Celta, Eduardo Covelo, responsable do departamento de metodoloxía de categorías inferiores, e Jorge Cuesta, adestrador de xuvenil División de Honra do RC Celta.

A apertura e peche deste curso tiveron como protagonista a Carlos Hugo, director da canteira do RC Celta. Ás charlas asistiron técnicos das escolas de asesoramento de Goián, Ourense, A Estrada, Santiago, Cambados ou Riveira.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas