As novas camisetas do RC Celta toman a cidade

A cidade de Vigo amenceu con moitos dos seus habitantes lucindo con orgullo as novas camisetas do RC Celta para a tempada 2018/2019. Desde os seus postos de traballo, estes celtistas mostráronlle á cidade a preciosa camiseta celeste e a innovadora morada.