As novas fichaxes elixen dorsais e Maxi e Brais cambian os seus

As últimas incorporacións do RC Celta xa elixiron os seus dorsais: Néstor Araujo levará o número catro, Okay o cinco e Juncá o dezasete. Ademais, o dianteiro uruguaio Maxi Gómez cambia do número sete ao nove e o canteirán Brais Méndez por fin lucirá dorsal do primeiro equipo, o vinte e tres.

As camisetas con serigrafía xa están dispoñibles tanto nas tendas de Abanca-Balaídos e A Sede como na web shop.rccelta.es.