As visitas a clubs e escolas da comarca finalizan ata a próxima tempada

Iago Aspas, Sergio, Rubén, Jonny, Tucu Hernández, Radoja, Brais, Roncaglia, Daniel Wass e Emre Mor puxeron este mércores punto e final ás visitas organizadas pola Fundación Celta aos clubs asociados de AFAVI (Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo) e escolas deportivas.

As novas promesas do fútbol comarcal tiveron a oportunidade de coñecer en persoa a algún dos seus ídolos, plantexarlle cuestións e conseguir autógrafos e fotografías. Sen dúbida un recordo imborrable para estes pequenos celtistas.