Primeiro Equipo

“Aspas on fire”: de novo no 11 Ideal de LaLiga Fantasy

RC Celta

11ideal100117.JPG

 

“Aspas is on fire”, canta a bancada de Balaídos. E non lle falta razón ao celtismo. O canteirán celeste está a protagonizar unha tempada antolóxica con 11 goles e 3 asistencias en LaLiga que ascenden a 15 dianas e 6 pases de gol en 22 partidos se se engaden as súas cifras de Copa e Europa League. O de Moaña é o máximo goleador nacional de Primeira División.

 

A pasada xornada ante o Málaga volveu marcar. Foi o seu noveno tanto no nove últimos partidos ligueiros. Como non podía ser doutra forma, o galego foi incluído no once ideal de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada xornada elixe aos mellores futbolistas de Primeira División.

 

Xunto a Aspas aparecen nesta aliñación Cuéllar, Giménez, Savic, Parella, Marcelo, Vise, Isco, Modric, Ceballos e Yedder.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas