Aspas recolleu o trofeo ao mejor de novembro de mans do lendario Santi Castro

Iago Aspas é o mellor xogador de LaLiga do mes de novembro. O futbolista de Moaña recolleu o seu trofeo antes do partido de Liga ante o Vilarreal de mans de toda unha lenda celeste, Santi Castro, xogador do primeiro Celta europeo da historia e veterano empregado do club vigués. Balaídos rendeu unha sonora homenaxe a ambos.