Aspas rescupérase para o Bernabéu e Sisto cae por lesión

Iago Aspas estará no Bernabéu. As probas médicas realizadas polos servizos médicos do club confirmaron a total recuperación do de Moaña, fóra dunha convocatoria desde o partido ante o FC Barcelona, durante o que sufriu unha rotura fibrilar de grao I no bíceps femoral dereito.

Non todo son boas noticias no parte médico celeste. Pione Sisto cae da expedición a Madrid por unha tendinopatía Aquilea. O internacional danés realizou este venres adestramento individual, do mesmo xeito que Emre Mor, que mantén molestias no nocello esquerdo e presenta síntomas gripais.