Atlético B – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 4 de Segunda División B ante o Atlético de Madrid B (domingo 10 de setembro, 12:00, Cerro del Espino).

A listaxe fórmana Jero, Sotres, Kevin, Ros, Alende, Riki, Rai, Solís, Molina, Sastre, Dennis, Costa, Adrián, Pastrana, Drazic, Agus, Aarón, e Juan.

Iago é baixa por lesión. Brais e Pampín foron convocados polo primeiro equipo.