Atlético de Madrid B – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles e ao xuvenil David para o partido da oitava xornada de 2ª B, na que os celestes visitan ao filial do Atlético de Madrid (domingo, 12:00 horas, Ciudad Deportiva Wanda).

A listaxe fórmana Iván Villar, Jero, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Alomerovic, Rai, Dani Molina, Solís, David, Álex Serrano, Jacobo, Pastrana, Dani Vega, Aarón Rey, Dennis Eckert.

Robert Costa e Apeh son baixas por lesión. Iban Salvador e Riki Mangana están concentrados coas súas seleccións nacionais.