Primeiro Equipo

Augusto e Krohn-Dehli, convocados polas súas seleccións

RC Celta

CEL-VILL_13-14_Augusto.jpg

O atacante celeste foi convocado para desputar dous encontros amigables, ante Ecuador e Bosnia

 

Augusto Fernández, xogador do RC Celta, foi convocado unha vez máis polo seleccionador de Arxentina. O centrocampista céltico, que se consolida coma un habitual nas listas da albiceleste, concentrarase co combinado nacional arxentino a partir do mércores 13 de novembro. A selección de Arxentina desputará dous encontros amigables internacionais en Estados Unidos, o primeiro deles ante Ecuador, o venres 15 de novembro, e o segundo ante Bosnia, o luns 18 do mesmo mes.

 

Por outra banda, o centrocampista céltico Krohn-Dehli tamén foi chamado pola selección do seu país, Dinamarca. O conxunto nórdico recibirá a Noruega na cidade danesa de Herning o próximo venres 15 de novembro, para desputar un encontro tamén amigable.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas