Hemeroteca celtismo

Balaídos arroupará este sábado ao RC Celta con mosaicos e un gran tifo

RC Celta

aficion-equipo221015

 

O Real Club Celta afronta este sábado un partido de máxima esixencia e á vez de fermosas connotacións. Os celestes empatan a puntos e comparten liderado co seu rival, o Real Madrid. E ademais poden superar o mellor inicio de campionato da súa historia, que data da campaña 1941/1942. O ambiente en Balaídos, coas entradas esgotadas hai días, será extraordinario e o apoio da afección, unha vez máis, vital para levar aos célticos a unha histórica vitoria. Para que o equipo estea arroupado desde o primeiro instante, o club organizou mosaicos e un gran tifo que se despregarán no momento no que os xogadores accedan ao terreo de xogo.

 

Cando os célticos saian ao campo poderán ler á súa dereita, nas bancadas de Río, unha lenda que xa forma parte da “cultura celeste”: Sempre Celta. De fronte, en Marcador, despregarase un gran tifo no centro da bancada coa bandeira galega e o escudo do club. E ás súas costas, en Gol, o mosaico mostrará o triskel que adorna as camisetas e esta propia bancada. Tribuna redondeará a posta en escena tinguíndose por completo de celeste.

 

O club pide á afección a máxima colaboración para que mosaicos e tifo luzan en plenitude en Balaídos. Os seguidores celestes das dúas bancadas de Río e de Gol atopasen as cartolinas nos seus asentos e terán que alzalas no momento no que os xogadores saian ao terreo de xogo desde o túnel de vestiarios. Nese instante, os afeccionados situados na bancada de Marcador deberán despregar o tifo e empuxalo cara abaixo para que cubra toda a bancada.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas