Hemeroteca club

Balaídos e A Madroa renovan os seus terreos de xogo

RC Celta

balaidos_cesped_siembra.jpg

 

O RC Celta abordou este mes de xuño a renovación do terreo de xogo de Balaídos, así como dos dous sintéticos da Madroa. Os campos das instalacións deportivas célticas lucirán a súa nova pel nos próximos días, mentres que o tapete do estadio vigués estará listo para a celebración do Trofeo Quinocho o próximo mes de agosto.

 

Tras once anos sen renovar os campos sintéticos da Madroa, o Celta acomete unha obra necesaria que repercutirá directamente no desenvolvemento do traballo da canteira. O modelo de céspede elixido, de última xeración, cumpre con todos os estándares de certificación FIFA e ofrece a posibilidade de ser trasladado a outra localización no futuro mediante un proceso sinxelo.

 

Pola súa banda, o terreo de xogo de Balaídos rexenerarase desde cero. Tras realizar a sementeira do céspede, de tipo Ray-Grass híbrido, durante as pasadas semanas, as sementes xa comezaron a germinar axudadas pola intensa calor das últimas datas que contribúe a acelerar o proceso de crecemento da planta.

 

cesped_sintentico_madroa_1.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas