Balaídos homenaxeará á atleta galega Ana Peleteiro

O Real Club Celta homenaxeará á atleta galega Ana Peleteiro este domingo nos prolegómenos do partido ante o Málaga CF. Balaídos e o celtismo terán a oportunidade de mostrar a súa admiración e afecto pola deportista galega, medalla de bronce na modalidade de triple salto nos mundiais de pista cuberta celebrados en Birmingham.