Balaídos homenaxeou á atleta galega Ana Peleteiro

O RC Celta e o celtismo renderon homenaxe á atleta galega Ana Peleteiro nos prolegómenos do partido ante o Málaga CF. Balaídos ofreceu unha gran ovación á medallista de bronce na modalidade de triplo salto nos mundiais de pista cuberta celebrados en Birmingham. Peleteiro, celtista confesa desde a súa infancia, recibiu unha camiseta asinada polo equipo de mans do conselleiro Primitivo Ferrero e realizou o saque de honra.