Balaídos sinala a Europa (3-2)

O Celta deu un importante paso na carreira polos postos europeos ao superar ao Real Betis, rival directo nesta pugna. Con dous goles de Iago Aspas e un de Maxi Gómez -xa forman a segunda parella máis letal de LaLiga con 23 dianas- os celestes derrotaron a un Betis inferior que, con todo, mantivo as opcións de puntuar ata o tempo de desconto. Os de Unzué suman cinco partidos sen coñecer a derrota (4V, 1E) e, con 31 puntos, ponse a tan só dous da sexta praza. Volver a Europa non é un soño. Afouteza!

FICHA TÉCNICA

3-CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Wass (Jozabed, min.81), Lobotka, Iago Aspas, Sisto (Brais Méndez, min.72), Maxi Gómez (Emre Mor, min.86).

2-BETIS: Adán, Barragán, Mandi, Feddal, Durmisi, Javi García (Rubén Castro, min.62), Fabián, Guardado, Joaquín, Tello (Boudebouz, min.62), Sergio León.

Goles: Iago Aspas (1-0, min.12); Maxi Gómez (2-0, min.16); Sergio León (2-1, min.71); Iago Aspas (3-1, min.79); Guardado (3-2, min.91, de penalti).

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amonestou a Javi García, Joaquín, Fabián, Barragán, Feddal (Betis); Wass (Celta).

Campo: Balaídos (14.856 espectadores).