Barreiro abrirá as súas portas ás 16:30 e non haberá entradas á venda

A gran expectación que xerou o partido do próximo domingo en Barreiro entre o Celta B e o Salamanca UDS (18:00 horas), no que o filial celeste buscará eludir o play off de descenso, e o feito de que os abonados do club poidan acceder co seu carné motivan diversas medidas excepcionais para este encontro. Debido a estas circunstancias non haberá entradas á venda nos despachos de billetes do campo.

Os abonados celestes poderán acceder á bancada desde as 16:30 horas ata completar aforo. Para non depender doutros resultados e certificar a permanencia, o Celta B necesita a vitoria, polo que o club anima aos abonados a que acudan para arroupar ao equipo nesta última batalla.