Bases promoción ‘Experiencia VIP’ RC Celta – Real Madrid

Participarán neste sorteo todos aqueles abonados que tramitaran a súa alta ou renovación durante a campaña de Abonados de Temporada 2018. Teranse en conta os abonos tramitados ata as 23.59 do 4/01/2018. O sorteo realizarase o 05/01/2018. O club comunicará na súa web e redes sociais os números de socio dos dous gañadores. O club porase en contacto cos dous gañadores para notificar o premio e coordinar a entrega do mesmo. O premio consiste nunha experiencia VIP para o partido RC Celta – Real Madrid que se disputa o 07/01/2018 ás 20.45 no Estadio de Balaídos. A experiencia inclúe unha invitación para dúas persoas para o Palco de Autoridades de Balaídos e acceso ao catering que se serve no descanso do partido. O premio non é canxeable nin se pode cambiar para o seu uso noutro partido. O acceso ao palco de Autoridades implica a aceptación das normas de acceso ao mesmo. Non poderán acceder ao Palco de Autoridades menores de idade. É obrigatorio o uso de chaqueta e gravata para os cabaleiros. Non está permitido o acceso ao Palco con roupa ou calzado deportivo.