Bayer Leverkusen, Burnley e Brentford, rivais do RC Celta en pretempada

bayarena2.jpg

 

O RC Celta pechou hoxe tres partidos de preparación previstos para a próxima pretempada. Durante o seu ‘stage’ en Inglaterra, os célticos mediranse ao Brentford FC, conxunto que milita na Championship inglesa. e ao Burnley FC, da Premier League

 

O encontro ante o Brentford terá lugar o sábado 29 de xullo no estadio Griffin Park e choque ante o Burnley disputarase no estadio Turf Moore o martes 1 de agosto ás 19.45 horas.

 

Os celestes xogarán un terceiro partido para pechar o seu ‘stage’, neste caso en Alemania, onde se medirán ao Bayer Leverkusen, da Bundesliga, no BayArena o sábado 5 as 14 horas

Leave a Reply

two × 1 =