Beauvue recupera o dorsal doce e Jozabed cambia ao vinte e un

Aos poucos vanse coñecendo os dorsais que os xogadores celestes portarán esta tempada nas súas camisetas. O centrocampista andaluz Jozabed Sánchez, ata agora co número dezaseis ás súas costas, levará o vinte e un esta campaña. Desta forma, prolóngase un curioso efecto dominou que iniciou Maxi Gómez ao cambiar do sete ao nove e que continuou Emre Mor escollendo o antigo dorsal do uruguaio. Agora Jozabed recolle o número que Mor luciu durante o pasado curso.

Tamén se confirma que Claudio Beauvue, de volta no RC Celta tras a súa cesión no Leganés, recupera o dorsal doce. As novas camisetas poden adquirirse co dorsal e nome de calquera xogador ou personalizado nas tendas de Abanca-Balaídos e A Sede ou en shop.rccelta.es

Dorsais confirmados 2018/19

1-SERGIO

2-HUGO MALLO

3-ANDREU FONTÀS

4-ARAUJO

5-OKAY

6-RADOJA

7-EMRE MOR

9-MAXI GÓMEZ

10-IAGO ASPAS

11-SISTO

12-BEAUVUE

13-RUBÉN BLANCO

14-LOBOTKA

15-MAZÁN

17-JUNCÀ

19-JONNY

20-SERGI GÓMEZ

21-JOZABED

22-CABRAL

23-BRAIS MÉNDEZ

24-RONCAGLIA

25-IVÁN VILLAR

Pendentes: Kevin, Juan Hernández, Hjulsager, David Costas, Borja Fernández.