Binter, liñas aéreas de Canarias, novo patrocinador do RC Celta






A compañía aérea Binter alcanzou un acordo de colaboración co RC Celta polo que a aerolínea converterase en colaborador local do club patrocinando o ‘tempo extra’ dos partidos que quedan esta tempada. O acordo foi asinado esta tarde polo vicepresidente cdeleste Pedro Posada e Noelia Curbero, directora de Relacións Institucionais de Blinter.

Ademais, ambas entidades van poñer en marcha un concurso co que, en cada partido, retarán aos afeccionados a adiviñar o ‘tempo extra’ total que haberá, é dicir, a suma do tempo engadido na primeira e na segunda parte. Ao final da tempada, realizarase un sorteo entre todos os acertantes dunha viaxe a Canarias para dúas persoas.

Con este acordo, Binter constata a súa firme aposta por Vigo como destino regular ao longo de todo o ano, implicándose no deporte e compartindo a afección da cidadanía polo seu histórico equipo de fútbol.

Os camiños de Binter e o RC Celta volven a encontrarse
Non é a primeira vez que Binter e o club vigués traballan xuntos. En outubro de 2005, o RC Celta fretou un voo chárter coa compañía canaria con motivo do partido de terceira rolda de Copa do Rei ante a SD Tenisca. A experiencia non puido ser máis satisfactoria. O Celta chegou ás illas sen ningún inconveniente e gañou o partido por 1-3. Máis de doce anos despois, os camiños de Binter e o club celeste volven atoparse.

Voos directos con Canarias a partir de maio

O 3 de maio inícianse os voos directos de Binter entre Vigo e Canarias con dous enlaces semanais con Gran Canaria e unha gran oferta de conectividad co resto de illas do arquipélago canario.

Os xoves e domingos un avión despegará de Gran Canaria ás 11.00 horas para aterrar en Vigo, tras dúas horas e trinta minutos de travesía, ás 14.30 horas. A aeronave despegará ás 15.20 horas de Vigo rumbo a Gran Canaria, onde aterrará ás 16.55 horas, tres horas e trinta e cinco minutos despois.

Estes voos realizaranse cos novos avións Bombardier CRJ 1000 incorporados á flota de Binter en 2017, un reactor de alta eficiencia, fiabilidade e rendemento con capacidade para 100 pasaxeiros.

Estes billetes poderanse adquirir a través das canles de venda habituais da compañía: www.bintercanarias.com, a app de Binter, o teléfono 902 391 392, axencias de viaxes e as oficinas dos aeroportos, onde poderán consultarse as condicións e prezos dos distintos destinos.