Bongonda xogará cedido no SV Zulte Waregem

O xogador celeste Théo Bongonda, que desde o pasado xuño militaba no Trabzonspor en calidade de cedido, abandona a disciplina do conxunto turco para incorporarse ao SV Zulte Waregem da primeira división de Bélxica ata final da presente tempada en calidade de cedido, con pago ao club vigués pola cesión e opción de compra para o cadro belga. O RC Celta desexa a Bongonda o maior dos éxitos durante esta nova etapa na súa carreira.