Hemeroteca canteira

Borja Fernández, Deportista Universitario do Ano e exemplo para a canteira

RC Celta

151125 Borja Fdez WEB copia

 

O canteirán Borja Fernández recibiu este mes un recoñecemento ao seu esforzo e constancia no deporte e nos estudos. O centrocampista, estudante de Grao de Educación Primaria, foi elixido Deportista Universitario do Ano polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, un premio ao sacrificio que o xogador vigués realiza cada día para compaxinar a súa carreira deportiva coa universitaria e que lle converte nun exemplo a seguir por todos os canteiráns do RC Celta.

 

Borja recibiu este galardón durante a XXIV Gala do Deporte Universitario, un evento no que se busca recoñecer o esforzo, a constancia, o espírito de superación, a xenerosidade, a solidariedade e o traballo en equipo daquelas persoas ou colectivos que, dentro e fóra da Universidade de Vigo, destacan tanto polos seus éxitos deportivos como pola difusión dos valores do deporte.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas