Boufal: «Estou moi feliz e espero que sexa unha tempada exitosa»







O atacante franco-marroquí Sofiane Boufal protagonizou esta tarde no Salón Regio de A  Sede unha sorprendente e grata presentación. O dianteiro celeste, a quen acompañaron o vicepresidente, Pedro Posada, e o director deportivo, Felipe Miñambres, contestou en castelán algunhas preguntas e concluíu a súa roda de prensa neste idioma: “Grazas ao Celta. Estou moi feliz e espero que sexa unha tempada exitosa”. Posteriormente, Boufal atendeu na tenda oficial aos numerosos afeccionados que acudiron a A Sede para coñecelo.