Boufal será baixa entre 8 e 10 días por unha escordadura de nocello

A ecografía realizada a Sofiane Boufal confirmou que o xogador sofre unha escordadura lateral no nocello esquerdo. A lesión, producida durante o adestramento do martes 26 de xullo, manterá ao internacional marroquí de baixa entre oito e dez días.