Boyé xa é celeste: “O Celta é un gran desafío para min”






O RC Celta presentou este luns en Balaídos á súa última fichaxe no mercado invernal, o dianteiro arxentino Lucas Boyé. O novo futbolista celeste, que chega cedido ata final de tempada polo Torino con opción de compra, estivo acompañado na súa posta de longo polo conselleiro Antonio Rosendo e o director deportivo Felipe Miñambres: “O único equipo ao que quería saír era o Celta”, asegurou o responsable da secretaría técnica do club.

Preguntado pola razón para elixir Vigo, Boyé respondeu que considera ao Celta “un gran club e un gran desafío, por iso as miñas ganas de vir”. O arxentino definiuse a si mesmo como un atacante polivalente e remarcou o xa dito na súa entrevista exclusiva a Celta Media: “Non quero decepcionar aos que confiaron en min. Veño para sumar, crecer como xogador e persoa e espero facer un bo traballo”.