Brais, Alende, Iván Villar, Pape y Pampín, na selección de Fútbol Draft

Futbbol_Draft17.jpg

 

Futbol Draft deu xa a coñecer o nome dos 132 talentos, de entre 16 e 20 anos, que optan a conformar os Onces de Ouro, Prata e Bronce da canteira do futbol español. Entre os seleccionados figuran cinco canteiráns do RC Celta: o porteiro Iván Villar, o central Diego Alende, o medio centro Pape Cheikh, o centrocampsta Brais Méndez e o atacante xuvenil Diego Pampín.

 

O primeiro Comité Técnico, celebrado na Cidade do Fútbol de Las Rozas, está formado por membros de todos os estamentos do fútbol español (CSD, RFEF, LFP, AFE e AEAF. Ao longo do ano, Futbol Draft realizará outros tres comités técnicos e a final de 2017 decidiranse os Onces de Ouro, Prata e Bronce en categoría masculina e o Once de Ouro, en categoría feminina.

 

çAo Comité Técnico, que preside o ex seleccionador nacional Iñaki Sáez, asistiron Javier Lasagabaster (director Futbol Draft), Albert Celades (seleccionador sub21), Luís de la Fuente (seleccionador sub19), Santi Denia (seleccionador sub17), Vicente Miera (ex seleccionador nacional absoluto), Miguel Ángel España (adestrador de porteiros RFEF), Juan Carlos Gómez Perlado (preparador físico RFEF), Raúl Ojeda (LFP), Ángel Caballero (presidente AEAF), Nacho Silván (experto en fútbol de canteira) e Ana Rossell (experta en fútbol feminino).

Leave a Reply

twenty − four =