Brais: «Fago un chamamento ao celtismo para que veña a Barreiro».

O canteirán Brais Méndez incorporouse este martes aos adestramentos do Celta B e participará co filial na Fase de Ascenso a Segunda División A. O partido de ida da primeira eliminatoria dispútase este domingo ás 12:00 en Barreiro ante o Marbella FC. Todos a Barreiro!