Brais Méndez, entre tres e catro semanas de baixa

A ecografía realizada polos servizos médicos do club ao centrocampista Brais Méndez confirmou o diagnóstico inicial e desvela que o canteirán sofre unha rotura fibrilar no seu biceps femoral esquerdo, lesión que se produciu o pasado mércores no Alcoraz na primeira metade do choque ante o Huesca.

Os servizos médicos celestes establecen para o futbolista moscense un periodo de baixa dunhas 3-4 semanas.