Brais Méndez estréase nunha convocatoria da Sub-21

O canteirán celeste Brais Méndez forma parte da lista de convocados que o seleccionador nacional Sub-21, Luis de la Fuente, confeccionou de face a dous partidos de clasificación para o Europeo: ante Albania (6 de setembro, Córdoba) e Irlanda do Norte (11 de setembro, Albacete).

Esta é a primeira vez que Brais Méndez entra nunha convocatoria da Selección Española Sub-21, onde coincidirá con outro canteirán céltico: Pape Cheikh.