Brais Méndez sofre unha lesión muscular no bíceps femoral esquerdo

Malas noticias para o RC Celta. Brais Méndez tívose que retirar ao cuarto de hora do partido ante a SD Huesca debido a unha lesión muscular. O canteirán e goleador no Alcoraz sofre unha probable rotura fibrilar no bíceps femoral esquerdo. Nos próximos días realizaránselle probas para coñecer o alcance exacto da lesión.