Campeche xa pensa na Copa Celta 2019 tras unha exitosa segunda edición

Celta Campeche, a primeira escola de fútbol do RC Celta en México, celebrou o pasado mes de xaneiro a segunda edición da Copa Celta, unha competición de fútbol base que xa é referencia no país mexicano. Ademais de resultar un éxito de participación e asistencia de público, a Copa Celta 2018 finalizou co Celta Infantil A como campión da súa categoría. Os campechanos publicaron este mércores un vídeo resumen do evento, á vez que mostraron as súas ganas e ilusión por afrontar a próxima edición.