Hemeroteca celtismo

Canal+ e o Celta organizan unha firma de xogadores no Centro Comercial Gran Vía

RC Celta

Firma_de_jugadores_-_Canal_Plus.jpg

Este xoves (18:30) Park, Krohn-Dehli e Orellana atenderán aos afeccionados no centro comercial

 

O vindeiro xoves 21 de febreiro todos os afeccionados célticos están convidados a ver aos seus ídolos máis de preto. Os xogadores do Celta, J.Y. Park, Fabián Orellana e Michael Krohn-Dehli estarán a asinar autógrafos e falando cos seus fans na segunda planta do Centro Comercial Gran Vía (C/ Baixada do Castaño, 36210, Vigo). A cita será de 18:30h. a 20:00h. 

 

Esta iniciativa forma parte dunha serie de accións postas en marcha por CANAL+ e o RC Celta de Vigo, no marco do acordo asinado o pasado verán. Un acordo polo que a entidade deportiva cedía a CANAL+ a explotación dos seus dereitos audiovisuais durante tres tempadas. Ambas as compañías abriron unha nova liña de traballo, que vai máis aló da explotación dos seus dereitos televisivos, coa intención de desenvolver accións de promoción do fútbol en todos os seus ámbitos.

Así, nesta liña CANAL+ dispón dunha campaña comercial que contempla beneficios exclusivos para os socios dos clubs cos que mantén acordos. Desta forma, un socio do Celta pode dispor de vantaxes comerciais ao contratar CANAL+, gozar de promocións cruzadas, participar en eventos organizados para fomentar o deporte ou en accións para coñecer o seu Club máis de preto, entre outras iniciativas levadas a cabo conxuntamente. Ademais, CANAL+ realiza coberturas e programacións especiais destes clubs, coa intención de levar ao afeccionado o mellor do seu equipo, estea onde estea.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas