Hemeroteca canteira

Canteira e futuro: Iván Villar e Brais Méndez asinan os seus primeiros contratos profesionais

RC Celta

brais-ivan-primer-contrato.jpg

O porteiro e o centrocampista, ambos internacionais Sub-17, serán celestes as próximas 5 tempadas

 

Sempre mirando cara ao futuro e coa canteira como eixo do proxecto, o Real Club Celta selou a continuidade de dous futbolistas cunha gran proxección, non só no club, senón nas categorías inferiores da Selección Española, Iván Villar e Brais Méndez. O porteiro e o centrocampista asinaron os seus primeiros contratos profesionais coa entidade celeste, á que permanecerán vinculados o próximas cinco tempadas.

 

Novo paso á fronte do Real Club Celta na potenciación da súa canteira, fábrica inesgotable de xogadores internacionais en todas as categorías inferiores da Selección Española, e principal sustento do primeiro equipo, con nove futbolistas, e no apontoamento do futuro. Iván Villar, porteiro do Xuvenil A e segundo no filial, internacional coa Selección Española Sub-17, e Brais Méndez, centrocampista zurdo dese mesmo equipo e compañeiro do gardameta no combinado nacional, asinaron os seus primeiros contratos profesionais co club celeste, en ambos os casos por cinco tempadas.

 

Iván Villar naceu en Aldán o 9 de xullo de 1997 e chegou ao Celta en categoría alevín, mentres que Brais Méndez é natural de Mos, onde naceu o 7 de xaneiro de 1997 e chegou ao Celta na categoría de cadete.

 

Por outra banda, o Xuvenil de División de Honra reforzouse co centralzurdo, quen tamén pode xogar na posición de lateral, Francisco Duclós, xogador peruano internacional nas categorías Sub-15 e Sub-17. O defensor chega cedido por Alianza de Lima por dúas tempadas con opción de compra.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas