Carlos Hugo García: “Teño moita ilusión e gañas de axudar ao míster”

O até agora director da canteira celeste, Carlos Hugo García, decidiu, da man do RC Celta, dar un cambio á súa función dentro do club. Na tempada 2019/2020 formará parte do corpo técnico do primeiro equipo como técnico asistente de Fran Escribá.