Novas club

Carlos Mouriño diríxese ao celtismo

RC Celta

presidente_celta_media_2017.jpg

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, enviou este martes unha mensaxe á afección celeste a través de Celta Media. No vídeo publicado en www.rccelta.es e nas redes sociais oficiais, o dirixente céltico repasa os logros alcanzados tanto polo primeiro equipo e o Celta B como polas categorías inferiores e móstrase ilusionado de face a unha nova tempada que debe ser a da consolidación do proxecto de club e canteira.

 

Tras avanzar a boa marcha da campaña de abonados, na que se rexistraron máis de 1.300 novas altas, e anunciar que a contratación de Jozabed se oficializará nas próximas horas, Carlos Mouriño fixo análise da situación actual do estadio de Balaídos e as últimas informacións recollidas pola prensa durante as últimas semanas.

 

“Estamos na mellor disposición para o diálogo e o entendemento, pero as decisións sobre o futuro do Celta a toma exclusivamente o Celta”, lembrou o presidente, quen volveu repasar as deficiencias do actual estadio e do proxecto de reforma e subliñou que calquera proposta “debería vir acompañada dunha parte xurídica e legal que dese tranquilidade de futuro”. Mouriño finaliza a súa intervención desexando que “non haxa gañadores nin perdedores, que o que gañe sexa o Celta e a cidade de Vigo e consigámolo entre todos, sen excepción”  ao que engade que “se conseguimos un gran club para toda a cidade e todos os celtistas, podemos seguir soñando”.

 

RC Celta

Etiquetas

Novas club Novas club Novas club

Noticias recomendadas