RC Celta e Mos asinan o convenio para o desenvolvemento do proxecto do Celta

O proxecto de futuro do RC Celta avanza con paso firme. Tras recibir o respaldo e compromiso das administracións, o presidente do club, Carlos Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinaron o convenio urbanístico de planeamento para o desenvolvemento do proxecto Celta.

Neste instalaranse dez campos de fútbol, cinco deles de céspede natural, pistas de tenis e pádel, un pabellón de deportes multiusos, un estadio para o Celta B con capacidade para 7.000 espectadores ampliable a 11.000, residencia, ximnasio e aparcamento, entre outras dotaciones e servizos.