Carlos Mouriño: “É o plantel máis ilusionante que confeccionamos”

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, reuniuse este martes no Salón Rexio de A Sede cos medios de comunicación para realizar un dos seus habituais repasos informativos á actualidade do club. O mandatario céltico ofreceu algúns detalles sobre a campaña de abonados desta tempada, o equipo e a cidade deportiva. Ademais, o presidente volveu facer un serio chamamento ante a situación do estadio Abanca Balaídos e a xestión do Concello de Vigo: “Reclamamos un estadio digno para os afeccionados”.

  • Estadio
    • “Balaídos non ten condicións de estadio cómodo para a afección”.
    • “Comprar o estadio, o convenio a 50 anos, unha licenza para construír outro estadio na cidade… A resposta é sempre non. Onde nos levan?”.
    • “Cantos adiamentos leva a bancada de Marcador desde que se dixo que se ía a facer? Onde está o proxecto? E a obra?”.
    • “Soñemos. Se nos clasificamos a Europa, que vai pasar? A luz non nola van a permitir, á parte de todas as demais deficiencias. Teremos que buscar alternativas a Balaídos para xogar”.
    • “Son celtista e vigués. Como vigués, quero que o Celta quede en Vigo e o estadio fágase. Como presidente, buscarei a mellor alternativa para o Celta”.
  • Cidade deportiva
    • As obras sufriron un atraso pola aparición de restos arqueolóxicos, en concreto cerámica, do ano 2.560 antes de Cristo. Non é probable que este descubrimento poida afectar o proxecto.
    • En canto se reciba a licenza definitiva, o primeiro equipo podería estar a adestrar nas novas instalacións en 6-8 meses.
  • Equipo
    • Obxectivo: “Equivoqueime a tempada pasada ao falar de Europa. Temos un bo equipo, pero o primeiro é esixirlle 40 puntos e logo soñar”.
    • Rafinha: “Se el quere e nós queremos, podemos unir as nosas vidas durante moitos anos. Só depende del e nós”.
    • Brais Méndez: “É un xogador da casa, cun gran porvir. Para nós é un xogador grande. Necesita un recoñecemento e estamos dispostos a darllo”.
    • Proxecto: “É o plantel máis ilusionante que confeccionamos”.
  • Canteira
    • Dos 23 xogadores do plantel do Celta B, 18 pasaron polas categorías inferiores do RC Celta.
    • O 55% dos xogadores de categorías inferiores son de Vigo, o 76% da provincia e o 97% de Galicia.
  • Campaña de abonados
    A cifra de abonados é de 22.469 e o ano pasado foi de 21.966. Rexistrouse un destacado número de novas altas.
  • Xestión económica
    • O beneficio estimado para a tempada 2018/19 era de 6.100.000 euros e o real foi de 21 millóns.
    • Realizáronse fichaxes por valor de 39 millóns de euros e o orzamento da tempada é duns 80.
    • O tope salarial ha ascendido de 46 millóns a 62.
    • As áreas de negocio xestionadas pola empresa Afouteza e Corazón (propiedade do RC Celta) reportaron ao club uns ingresos extra só en concepto de aluguer duns 500.000€.
  • Fundación Celta
    Os campus de verán da Fundación no estranxeiro tiveron 700 participantes e as escolas internacionais xa traballan con máis de 1.800 rapaces.
    O Celta Integra, campión de LaLiga Genuine 2018/19, será homenaxeado o vindeiro domingo no descanso do partido ante o Granada.